METEREÓLOGOS POR UN DÍA

En Ciencias Sociais andamos a voltas coa diferencia entre tempo e clima e cos elementos do clima. Para que nos quedara moi clariño decidimos convertirnos en metereólogos por un día e construímos diferentes instrumentos metereolóxicos:

Manuel, construiu un  PLUVIÓMETRO para medir as precipitacións e saber a cantidade de auga que cae (cando veña unha semana chuviosa poñerémolo fóra para ver o seu funcionamento);  Santi, construiu un BARÓMETRO para medir a presión atmósferica é dicir o peso da atmosfera sobre un punto da terra e así saber se vai vir bo ou mal tempo (cando hai altas presións o palliña sobe e con baixas presións a palliña baixa); Kevin, construiu un HIGRÓMETRO para medir a humidade do aire, é dicir, a cantidade de vapor de auga que contén o aire. Para iso utilizou nin máis nin menos cun pelo (cando hai humidade o pelo se estira e cando se seca se encolle); Quique, construiu un ANÉNOMETRO para medir a velocidade o vento e Anxo, un VIRAVENTOS para ver a súa dirección; e para rematar, David, contruiu un TERMÓMETRO para medir a temperatura, é dicir, a cantidade de calor que contén o aire.

O termómetro xa o probamos e vimos que funciona perfectamente. Cando o colocamos ao Sol da ventá, o alcol sobe pola palliña e case sae por fóra pero polas mañás cando chegamos a palliña non ten nada de líquido:


Cando chegamos pola mañá


Cando colocamos na ventá para que lle dea o Sol

btemplates