ROTEIRO CASTELO DE SANTA CRUZ
Despois da charla da semana pasada da asociación CEIDA sobre espazos naturais protexidos da provincia de A Coruña, hoxe tocounos ver en vivo e en directo moitas das cousiñas que nos dixo Ángel.
- Paseamos polo xardín das árbores centenarias, sabiades que as follas e sementes do texo son moi velenosas pero que delas se obtén unha substancia que se emprega para tratar algúns cancros como o de mama?,
- Percorrimos os límites da illa para ver distintas especies vexetais como a herba de namorar e algúns animais como rás, corvos mariños,... Coñecimos a curiosa historia dunha pardela cincenta que no ano 1985 se achegou a descansar a un coñecido hotel do paseo marítimo. A pardela, que incluso se deixaba acariciar, pasaba todas as noites neste hotel ou no paseo e ao finalizar o verán se marchaba. Así estivo durante quince longos anos.
- Descubrimos a cuádriple utilidade desta illa:
- Defensa militar porque o castelo se construíu para reforzar a fortificación da ría fronte aos ataques do corsario Francis Drake.
- Defensa cultural porque unha vez abandoado, o castelo foi comprado e convertido en pazo por Xosé Quiroga (por un precio equivalente a unha parella de bois) , marido da escritora Emilia Pardo Bazán e alí a escritora escribiu algúns dos seus mellores libros.
- Defensa da infancia porque en 1939, Blanca Quiroga, filla da escritoria dona o pazo á armada de cabalería para adicalo a casa de verán de orfos da Guerra Civil.
- Defensa do medio ambiente porque desde a década dos oitenta, nel atópase o Centro de Educación, Información e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
0 comments:
Publicar un comentario