CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Hoxe celebramos o día da Paz. En relixión e valores estivemos vendo a Película: "Cadena de Favores":
Na clase estivemos a facer a nosa propia cadea de favores (idea orixinal do blogue Una pizca de Educación)
Hoxe celebramos o día da Paz. En relixión e valores estivemos vendo a Película: "Cadena de Favores":
Na clase estivemos a facer a nosa propia cadea de favores (idea orixinal do blogue Una pizca de Educación)
Etiquetas CURSO 2022/23, DÍA DA PAZ, PAZ
Hoxe tocounos ir a lerlles aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria.
Foi unha gran experiencia ler para eles. Pasámolo moi ben tod@s xunt@s.
Etiquetas APADRIÑAMENTO LECTOR, CURSO 2022/23
En Ciencias Sociais estamos aprendendo moitísimas cousas sobre a Unión Europea como a súa historia, os países que a integran, os seus símbolos, ...
Lembramos que a súa bandeira ten o fondo de cor azul e doce estrelas douradas en círculo que representan a unidade, a solidariedade e a harmonía.
Gustounos tanto que nos puxemos a debuxala nunha plantilla que atopamos en Quivervisión. A continuación capturámola coa tablet utilizando a seguinte aplicación:
e por arte de maxia, as nosas bandeiras non só apareceron en Realidade Aumentada senón que tamén se movían co vento.
Etiquetas colAR Mix, CURSO 2022/23, QUIVER, REALIDADE AUMENTADA
Observamos como cando o cable está conectado á pila, a barra de ferro actúa como un imán pero cando o cable está desconectado ao rato deixa de actuar como un imán.
Etiquetas CCNN, CURSO 2022/23, ELECTROIMÁNS
Hai uns días, cando chegamos a clase, atopamos de novo a caixa de Macín.
Esta vez a encargada de abrila foi Mencía. Dentro da caixa tan só había unha carta e un papel moi raro.
Na carta, Macín decíanos que como o 23 de febreiro se celebra o día de Rosalía, para commemoralo, cada clase debe inventar un poema e escribilo nun papel especial feito con sementes que plantaremos despois todos xuntos.
Así que temos que poñernos mans á obra
|
0 | ||||||||||||||||||||
|