BANDEIRA DA UNIÓN EUROPEA: REALIDADE AUMENTADA CON QUIVER

 En Ciencias Sociais estamos aprendendo moitísimas cousas sobre a Unión Europea como a súa historia, os países que a integran, os seus símbolos, ... 

Lembramos que a súa bandeira ten o fondo de cor azul e doce estrelas douradas en círculo que representan a unidade, a solidariedade e a harmonía.

Gustounos tanto que nos puxemos a debuxala nunha plantilla que atopamos en Quivervisión. A continuación capturámola coa tablet utilizando a seguinte aplicación:


e por arte de maxia, as nosas bandeiras non só apareceron en Realidade Aumentada senón que tamén se movían co vento.

btemplates