DOMUS E CASA DAS CIENCIAS
Onte fomos de excursión a A Coruña. Primeiro visitamos a Domus. Alí fixemos un obradoiro chamado "Bocados" sobre hábitos alimenticios no que coñecimos diferentes cereais tanto a súa planta a través de imaxes como a súa semente:
Fixemos un Kahoot con eles:
Practicamos papiroflexia en forma de frutas: bananas, sandías, plátanos ou mazás:
A continuación paseamos por todas as salas onde poidemos contemplar un parto real, relaxarnos para gañar nun xogo que mide a actividade cerebral, realizar debuxos seguindo instruccións verbais, medir a velocidade dun tiro de penalti, probar os reflexos e a axilidade, coñecer os nosos orixes, afinar a puntería cuns bisontes de Altamira e moitísimas actividades máis.
Despois de comer no Parque de Santa Margarida, visitamos a Casa das Ciencias.
Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:
Foi un día moi entretido e interesante.
0 comments:
Publicar un comentario