A HISTORIA DO NOSO DISFRAZ
Este ano, imos ir disfrazados do "Prestige" e da plataforma "Nunca Máis".
O Prestige foi un barco petroleiro que hai 20 anos partiuse en dous fronte as costas de Galicia debido a un temporal. Isto provocou o vertido de preto de 77.000 toneladas de petróleo nas nosas augas o que supuxo un grande desastre ecolóxico.
A marea negra do Prestige, congregou a máis de 65.000 voluntarios de todo o mundo que viñeron a Galicia a axudar a limpar as nosas praias.
Como reacción ante a catástrofe xurdiu a plataforma Nunca Máis para reclamar que Galicia fose declarada "zona catastrófica", limpar o vertido tóxico e que se activasen as axudas económicas.
E esto é o que fixemos para o disfraz:
- O Prestige soltando o petróleo feito cunha caixa de cartón e bolsas recicladas:
- Os buzos de traballo dos voluntarios por diante e por detrás:
- E para rematar un paxaro negro que representa o gran desastre ecolóxico que supuxo este vertido:
0 comments:
Publicar un comentario