Estes días comezou a reserva de praza para o alumnado de 6º de E.P. que queira matricularse no IES Fernando Esquío que é o centro ao que estamos adscritos.
O venres, viñeron a visitarnos a directora do instituto de Neda e unha profesora. Durante preto dunha hora, informáronnos de moitas cousiñas relacionadas con centro.
E hoxe devolvímoslles a visita. Fomos a coñecer ao que será o noso centro (para case todos/as) durante os vindeiros seis anos. Coñecimos os laboratorios, a aula de plástica, de audiovisuais, de tecnoloxía, o salón de actos, o polideportivo, o patio, a biblioteca e a cafetería entre outros lugares. Gustounos moitísimo!
Hoxe fomos de excursión á Coruña. Primeiro visitamos a Casa das Ciencias. Comezamos vendo a película "Polaris" coa que aprendimos o misterio das noites polares. Aquí vos deixamos o tráiler oficial da película:
E despois de andar todas as salas investigando todo o que por alí había, marchámonos para o Domus, o primeiro museo interactivo do mundo adicado integramente ao ser humano.
Alí vimos outra película, esta vez relacionada co futuro do planeta Terra e nos divertimos coas diferentes actividades: realizar debuxos seguindo as instrucións dun compañeiro/a, xogar a un xogo que mide a actividade cerebral, probar o reflexos, saber cal é a velocidade do noso penalti, ...
Podes premer na imaxe para ver algunhas das fotos da xornada.
Unha vez máis, a encargada de darnos a charla foi Sara, unha garda civil do cuartel de Fene.
Esta vez a charla tratou non so dos riscos de Internet senón tamén dalgunhas adicións de hoxe en día: o teléfono móbil, videoxogos para os que non temos idade todavía para xogar ou incluso apostas.
Descubrimos que todo o que se sobe a Internet queda en Internet para sempre e que non debemos falar polas redes con descoñecidos e por suposto non facer cousas que nos pidan porque moitas veces pode suceder que realmente non sexan quen cremos que son. Como exemplo do que non hai que facer vimos este video:
Coñecimos a Santiago, un ludópata rehabilitado que explicou a súa mala experiencia coas apostas:
Vimos a reacción violenta dun neno pequeno de sete anos cando a súa nai lle quitou o videoxogo co que estaba a xogar. Podedes ver o video neste enlace:
E comentamos as cinco mensaxes da campaña "Móbil e videoxogos. Disfrutar sen abusar" promovida pola Fundación Mapfre, Twitter e Pantallas Amigas que animan a ter un estilo de vida dixital de xeito equilibrado e saudable.
Na súa páxina tedes tamén unhas ligazóns para poder ver unha animación de cada unha das mensaxes en Youtube.