1ª CHARLA PLAN DIRECTOR: RISCOS DE INTERNET E ADICIÓNS (MÓBIL, VIDEOXOGOS, APOSTAS)
Comezamos as charlas do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para este curso.
Unha vez máis, a encargada de darnos a charla foi Sara, unha garda civil do cuartel de Fene.
Esta vez a charla tratou non so dos riscos de Internet senón tamén dalgunhas adicións de hoxe en día: o teléfono móbil, videoxogos para os que non temos idade todavía para xogar ou incluso apostas.
Descubrimos que todo o que se sobe a Internet queda en Internet para sempre e que non debemos falar polas redes con descoñecidos e por suposto non facer cousas que nos pidan porque moitas veces pode suceder que realmente non sexan quen cremos que son. Como exemplo do que non hai que facer vimos este video:
Coñecimos a Santiago, un ludópata rehabilitado que explicou a súa mala experiencia coas apostas:
Vimos a reacción violenta dun neno pequeno de sete anos cando a súa nai lle quitou o videoxogo co que estaba a xogar. Podedes ver o video neste enlace:
E comentamos as cinco mensaxes da campaña "Móbil e videoxogos. Disfrutar sen abusar" promovida pola Fundación Mapfre, Twitter e Pantallas Amigas que animan a ter un estilo de vida dixital de xeito equilibrado e saudable.
Na súa páxina tedes tamén unhas ligazóns para poder ver unha animación de cada unha das mensaxes en Youtube.
0 comments:
Publicar un comentario