0 comments

PLANTAMOS CEBOLAS E GRELOS

Despois de preparar os bancais tal e como vos amosamos nunha entrada anterior, plantamos cebolas e sementamos grelos neles.

  

Para plantar as cebolas  fixemos uns regos o máis rectos posibles e despois enterramos as nosas cebolas neles:

A continuación, sementamos os grelos:


Ollade canto medraron xa!!!!!!

0 comments

NAVEGANDO POLA IGUALDADE

Imaxe de Leandro Lamas

Hoxe, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os nenos e nenas de quinto e sexto (cada curso na súa aula) vimos o video "SIRA e a illa, Como mudar o mundo cunha barquiña de papel" unha narración poética de Palmira Castro desde o seu proxecto mimadriña que fomenta a igualdade e a xustiza entre mulleres e homes e entre todos os pobos.

Este video que estivo en aberto do 9 ao 25 de novembro na páxina Defronte.gal. conta a historia dunha nena que sempre tivo claro que quería facer, ser e sentir por ela mesma.

No video Sira soltaba barquiños de papel no mar. Nós tamén fixemos uns fermosos barquiños de papel nos que escribimos palabras bonitas como respecto, amor, amizade, confianza, ... E todos estes barquiños pegámolos en dous barquiños máis grandes que puxemos na entrada do noso colexio.



0 comments

PREPARANDO OS NOSOS BANCAIS

Hoxe fomos ao invernadoiro para preparar os nosos bancais. Cunhas pequenas pas, movimos a terra:

 


A continuación regámola:



Desinfectamos todo o que usamos:



E despois de quitar e gardar as botas, deixamos o chan ben limpiño:

0 comments

ERASMUS IN SCHOOLS

Este luns, grazas a asociación ESN Oviedo,  disfrutamos doutra charla virtual neste caso con tres estudantes de Erasmus, dous franceses e un exipcio.

Durante preto dunha hora puidemos coñecer a opinión que teñen do noso país e tamén  descubrir cousas interesantísimas sobre os seus.

Foi unha gran experiencia da que aprendimos todos xa que a eles serviulles para practicar o español e a nós para practicar o inglés. 

Moitas grazas a Thomas, Ambroise e Guirguis Zaki pola súa participación así como a Beatriz e Miriam por organizar o evento.








E por suposto grazas á profe de inglés Uxía por facer de intérprete durante a videochamada.

0 comments

COMPOSTAXE DOMÉSTICA

Hoxe todo o cole , por cursos, participamos nunha pequena charla sobre compostaxe doméstica. Aprendimos como facer un composteiro, que debemos botar nel, que debemos facer se está moi seco ou moi mollado, ...

Estivemos moi atentos xa que en nada comezaremos a traballar nas nosas parcelas do invernadoiro e o compost axudaranos a que a nosa colleita medre en boas condicións.




0 comments

CINENSINO: O PARQUE MÁXICO


O luns despois do recreo, visitounos a Pedagoga do Concello de Fene, Mª José, para presentarnos a primeira película do programa Cine e Saúde, que como xa vos contamos en anteriores entradas, é un programa formado por tres películas (unha por trimestre) que combina a proxección de películas nos centros co debate e o traballo arredor do seu contido a través de tres unidades didácticas.

Nesta primeira película "O parque máxico" trabállanse os valores da amizade, a xenerosidade e a valentía. A película ensínanos que non nos debemos deixar vencer polos medos que o importante é nunca darnos por vencido para conseguir os nosos soños.

0 comments

PASAPALABRA: ESPAÑA NA IDADE CONTEMPORÁNEA

Repasamos a primeira parte da Idade Contemporánea con este pasapalabra que creei utilizando GENMAGIC


E cos recursos desta entrada onde temos fichas para repasar feitas con Goconqr, unha liña do tempo feita con Genially , un test feito con Quizziz e os recursos do noso Google Sites de CCSS:

REPASANDO A IDADE CONTEMPORÁNEA

0 comments

APRENDENERXÍA

                  

Hoxe disfrutamos dun obradoiro virtual de Aprendenerxía de mans da Fundación Repsol: "O reto do mix enerxético de Vilaenerxía". O obradoiro desenvolveuse en tono a un xogo de mesa, no que o taboleiro era unha cidade chamada Vilaenerxía. O obxectivo do xogo era conseguir abastecer esta cidade da enerxía necesaria para funcionar.

O noso educador, Francisco Illanes, dividiu o taller en dúas partes:

1º PARTE: 

Ximkana da enerxía con tres probas coas que fomos descubriendo os contidos teóricos: fontes renovables e non renovables, o proceso de obtención do petróleo (localización, extracción, procesado, ... e que o petróleo e de orixe orgánica e natural e coñecer que produtos proveñen de derivados do petróleo a través de diferentes videos e xogos.

- Proba 1: "O TABÚ DA ENERXÍA" Primeiro vimos o video "A enerxía e a súa transformación" e despois cada grupo elixiu un representante para definir en dous minutos unha fonte de enerxía sin utilizar as palabras prohibidas. Os demais tiñan que adiviñar cal era.




- Proba 2: "A VIAXE DO PETRÓLEO". Como na proba anterior, primeiro visionamos un video "A viaxe do petróleo" para coñecer ) e a continuación por equipos ordenaron as dez tarxetas do proceso.

- Proba 3: "DESCUBRE OS PRODUTOS". Comezamos co video "O petróleo está en todo o que nos rodea"  e logo cada equipo tiña que identificar nunha fotografía con gomets, todos os elementos que crían que non proviñan de derivados do petróleo.


2º PARTE

O reto do mix enerxético, cada equipo tivo que deseñar un modelo enerxético sostible para abastecer a unha cidade chamada Vilaenerxía e despois presentarlle as súas propostas ao outro equipo.






Grazas a este obradoiro, os nenos e nenas comprenderon que todas as enerxías son necesarias e complementarias e que temos que facer un uso responsable da enerxía xa que o uso que facemos dela ten un gran impacto na sociedade.

Moitas grazas a Francisco polas súas explicacións e paciencia. Mágoa dos problemas técnicos que tivemos porque senón a experiencia todavía ía ser moito mellor.

0 comments

O NOSO RETRATO

 Na clase de Plástica traballamos a simetría facendo o noso retrato. Gústanvos como quedaron?

0 comments

XOGAMOS COAS CORES:O DISCO DE NEWTON

 

No tema da enerxía vimos a enerxía luminosa, a luz branca, a luz negra e as distintas cores e fixemos un disco de Newton que nos serviu para comprobar que a luz branca é unha combinación das sete cores do arco da vella: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, añil e violeta.

0 comments

CORRELINGUA

 


Baixo o lema : VINTE CO GALEGO!!!! Hoxe disfrutamos do festival do Correlingua vendo un video en directo en Youtube. Nel disfrutamos coa actuación de CÉ Orquestra Pantasma e co rock and roll do grupo A Gramola Gominola.

 

E para rematar levamos para casa unha bonita bolsa e unha pulseira: