ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
O venres, ao igual que moitos colexios de España, celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ao longo da semana cada neno e nena do centro estivo a facer un ladrillo(xa vos ensinamos os nosos nunha entrada anterior) para elaborar colectivamente un muro de Paz. E o venres, de forma simbólica, un representante de cada clase dende os máis peques aos máis grandes, pegou un ladrillo:
"CONTRUÍNDO A PAZ"
Pero iso non é todo. Ademais aproveitando que no colexio temos emisora de radio, fixemos un PROGRAMA DE RADIO especial adicado á Paz que se poido escoitar en toda Neda no dial 102.0 FM, e no que participaron todas as clases do centro con frases sobre a Paz, poemas, cancións, ... :
E continuamos reuníndonos todos no patio facendo un círculo, cos máis pequerrechos situados no medio facendo a palabra PAZ, para cantar todos xuntos unha adaptación da canción "ALL YOU NEED IS LOVE":
Ademais na clase...
- Pintamos unhas mandalas que atopamos na web de Orientación Andújar:
- Fixemos estas bonitas pombiñas que vimos no blogue de Patricia: FALANDO ENTÉNDESE A XENTE:
- E tamén uns bonitos debuxos sobre que é para nós a PAZ:
3 comments:
Guau!!! Si que os cundió.
Se nota que son mayores. Un excelente trabajo. Como siempre fantastico.
Un besote.
Trabajaron muchísimo, Ana. Un saludo.
Me encantan todas las manualidades. Os han quedao fantasticas :-)
Publicar un comentario