OBRADOIRO DE NUTRICIÓN DÍA 4: LAVADO DE MANS
Na sesión de hoxe, Cris, amosounos o importante que é unha boa hixiene de mans para evitar contaxios e enfermidades varias.
Comezamos poñéndonos en grupos de tres para facer un sinxelo experimento:
- GRUPO 1: A primeira persoa do grupo NON se lavou as mans, deulle un apretón de mans á segunda persoa do grupo e ésta á terceira..
- GRUPO 2: A primeira persoa do grupo lavou as mans con AUGA FRÍA e XABÓN e a continuación deulle a man á segunda e ésta a terceira.
- GRUPO 3: A primeira persoa do grupo lavou as mans con AUGA QUENTE e XABÓN e a continuación fixo o mesmo ca as anteriores.
Despois disto, pechamos as persianas, apagamos a luz e cunha lanterna de LUZ ULTRAVIOLETA (xa case parecía o CSI ji ji) observamos as mans de cada un.
Os resultados foron ABRAIANTES:
No grupo 1 as dúas primeiras persoas tiñan as mans MOI SUCIAS e a terceira BASTANTE SUCIA. O reflexamos nesta ficha:
No grupo 2, a primeira persoa tiña as mans SUCIAS, a segunda BASTANTE SUCIAS e a terceira UN POUCO SUCIAS.
No grupo 3, a primeira persona tiña as mans POUCO SUCIAS, a segunda CASE NADA SUCIAS e por último a terceira as tiña LIMPAS DE TODO.
Conclusión, se queremos ter as mans limpas e non contaxiar nin ser contaxiados temos que lavar as mans a miúdo e sobre todo antes e despois das comidas, despois de ir ao baño, de tocar animais, de sonar os mocos, .... con AGUA QUENTE ( que abre os poros) e XABÓN (que arrastra a graxa e os microbios).
Completamos unha ficha coas nosas conclusións:
E para finalizar todos aprendimos a lavarnos ben as mans: botamos xabón, refregamos, limpamos entre os dedos, rascamos para limpar as uñas e xa para rematar frotamos as xemas dos dedos. Ollade que ben o fixemos:
2 comments:
Les cuesta hacerlo bien. Una buena idea trabajar el lavado de manos.
Un besico.
Sí, Blanca, además les quedó muy claro que deben lavárselas con agua caliente y jabón. Un saludo.
Publicar un comentario