AUTORRETRATÁMONOS COMO VAN GOGH
Continuando co noso proxecto de Van Gogh, como xa vos dixemos noutra entrada anterior, ademais de coñecer a súa vida estamos a coñecer a súa obra. Comezamos cos seus AUTORRETRATOS. Sabiades que Van Gogh pintou 27 autorretratos? Si, si como o ledes. Ninguén sabe realmente cal deles é o máis parecido á realidade por iso é coñecido como "o pintor das mil caras".
Comezamos vendo este video de Philip Scott Johnson no que podemos apreciar os distintos cambios na fisonomía do pintor:
E a continuación centrámonos nestes dez autorretratos para poder apreciar ben o seu xeito de pintar: as cores que utilizaba como amarelo, laranxa ,marrón, azul ou verde e tamén os seus trazos enérxicos con liñas curtas ben marcadas e/ou remuíños:
E para rematar, fixemos o noso AUTORRETRATO AO ESTILO VAN GOGH. Collimos unha foto nosa en branco e negro e a "tuneamos" pintándoa con ceras duras e brandas. Ollade que ben nos quedaron:
QUE VOS PARECEN?
Se tedes curiosidade, podedes ver os autorretratos que se fixo Van Gogh clasificados por data, clicando na imaxe de abaixo:
2 comments:
qué chulo Ana ... ME ENCANTA !!!... Besos!!!
Me alegro, Lina. Muy buena semana.
Publicar un comentario