ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Mural feito polos nenos e nenas de primeiro e a súa profe Mari
Disfrutamos con distintas cancións e bailes: "Mazarico", "Parapampero" e "Meu o mundo é" e incluso unha muñeira dos máis pequerrechos do cole. Tamén descubrimos a Verdadeira Historia de Carapuchiña Vermella de mans dos nenos e nenas de catro e cinco anos e os máis maiores, fixéronnos rir con dúas divertidas obriñas teatrais: "A consulta do doutor" (a nosa obra, próximamente subiremos o video ) e "Consultas psicolóxicas" (dos nenos e nenas de sexto).
Pasámolo moi ben na compaña dos familiares e amigos que viñeron a disfrutar connosco do festival. Deixámosvos unhas fotiñas:
2 comments:
Hola. quedouvos super ben este traballo adicado á celebración do Día das Letras Galegas... una data na que conmemorar a importancia da nosa lingua. Xa vexo que engadíchelles a foto do intelectual Filgueira Valverde. Un traballo moi completo. Seguimos en contacto
Grazas polo comentario, Marta. Un saúdo.
Publicar un comentario