CORRELINGUA 2015
Unha vez que chegamos e nos xuntamos todos, comezamos a carreira portando a pancarta que fixemos para a ocasión co lema deste ano: "GALEGO a nosa creación común":
Cando rematou a carreira, tocoulle o turno aos xogos populares organizados polos alumn@s do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e deportivas do CIFP Rodolfo Ucha. Xogamos ao brilé, á corda, aos aros, ao balón asasino, ás carreiras de sacos ,... . Pasámolo fenomenal.
E por último, entramos dentro do Pazo da Cultura. Alí, Xurxo Souto, coñecido porque foi líder e vocalista do grupo de rock galego "O Diplomáticos de Monte-Alto" dende 1990 ata o 2001, fixo de mestre de ceremonias.
Presentounos a obra do Grupo de Teatro de Narón: "As aventuras da Bichuca Cuca" e tamén a actuación do músico Paco Nogueiras que nos cantou algunhas das cancións incluidas no libro-disco Brinca Vai como No Samaín, Rap do Magosto, Apertas que Voan, Meu o mundo é ... Deixámosvos o video promocional da canción "MEU O MUNDO É" que "conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego:arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! Que as nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Que vivamos en Galego e que construamos o noso mundo en galego".
Aquí vos deixamos as fotos para que vexades o ben que o pasamos e canto disfrutamos:
2 comments:
Estos niños lo pasan muy bien.
Un besico.
Sí, Blanca. Lo pasaron fenomenal. Muy buena semana.
Publicar un comentario