MARCAPÁXINAS TRENZADO
Como xa vos contamos o ano pasado, cada vez que rematamos un libro, pintamos un, no noso lectómetro e ademais cubrimos unha pequena ficha onde contamos se nos gustou ou non o libro e tamén lembramos a parte que máis nos chamou a atención facendo un debuxo, copiando unha frase, contando algo, ... Podedes ver a ficha e o noso lectómetro clicando na imaxe.
Para saber onde nos quedamos lendo, este ano fixemos un marcapáxinas que sacamos da páxina de KROKOTAK. Cortamos dúas tiras de 2 cm de grosor dun folio branco tamaño A4 e dúas da cor que cada un quixo (azul, verde, laranxa, amarelo ou vermello) e comenzamos a trenzar.
Se queredes saber como se fan, clicade na imaxe para ver un titorial:
2 comments:
Hola,que bonitos y originales,soy la madte de Íker,siempre os superais
Me alegro que te gusten, Isabel. Un saludo.
Publicar un comentario