CINENSINO: "DIOS MÍO QUE TE HEMOS HECHO"
Este ano, os alumnos de quinto e sexto de educación primaria do cole, participamos no programa Cinensino, a través do Concello de Neda e o Concello de Fene.
"Cinensino é un programa de educación en valores para a prevención do consumo de alcol e outros trastornos aditivos e do comportamento no campo escolar a través dos meidos audiovisuais e as TIC.
O propósito deste programa é proporcionar principios, orientacións e ferramentas para o desenvolvemento integral da persoa, implementando actividades dirixidas á práctica de valores e ao desenvolvemento de habilidades sociais dentro da aula, no fogar e no ámbito social, coa finalidade de xenerar unha transformación progresiva nos valores, actitudes e comportamentos do alumnado que actúen como factores de protección fronte aos procesos aditivos".
A primeira película que vimos foi: "Dios mío, que te hemos hecho" a partir da cal, traballamos distintos valores tanto positivos como negativos: tolerancia, respecto, interculturabilidad, tradición, familia, racismo, prexuizos, ...
Aquí vos deixamos o "trailer" oficial da película:
0 comments:
Publicar un comentario