XORNADA DE CONVIVENCIA NO CEE TERRA DE FERROL
O ano pasado en decembro, no cole recibimos a visita dos nenos e nenas do CEE Terra de Ferrol (si clicades no nome podedes acceder a entrada que publicamos no seu día) así que este ano devolvímoslles a visita.
Cando chegamos, o seu xefe de estudos, Xesús, amosounos a preciosa biblioteca que teñen:
Despois visitamos a aula de multisensorial que nos encantou, así como psicomotricidade e unha das aulas que quedaba ao seu carón:
Ás once, acompañámolos ao Salón de Actos onde disfrutamos dunha obra de títeres que nos gustou moito:
Despois seguimos vendo as instalacións: o vaso terapéutico (queremos un para o noso cole, jaja), o internado e o comedor, onde aproveitamos para tomar a merenda:
Como xa era a hora do recreo, saímos a fóra a xogar un partido cos rapaces e rapazas do Terra de Ferrol. Ao igual que nós, gústalles moito o fútbol. Foi un partido moi reñido no que empatamos 4 - 4.
Ao remate, voltamos á biblioteca onde a directora, Mª Carmen, tiña uns agasallos para nós. Regaláronnos un libro para o noso cole: "TE QUIERO (casi siempre)" de Anna Llenas, un libro para nenos e maiores que invita á comprensión de aquilo que nos fai diferentes, amosando o máxico efecto dos polos opostos e tamén unhas bonitas libretiñas de notas con fotos do cole.
E ... sabedes que? Inauguramos o seu libro de visitas da biblioteca, firmando e deixando unha dedicatoria nel:
Pero iso non foi todo, antes de subir ao autobús, visitamos o galiñeiro e o invernadoiro e alí, Xesús agasallounos con dúas fermosas plantas que plantaremos no noso cole:
MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S POR INVITARNOS. PASÁMOLO MOI BEN!
No blog da súa biblioteca: O RECUNCHO DO RATO ROI podedes ver todas as actividades que fan que non son poucas e ademais moi chulas.
1 comments:
Una visita muy completa que todos habréis disfrutado.
Feliz fin de semana.
Publicar un comentario