O pasado martes 16 de outubro, dentro do programa "LER CONTA MOITO", os alumnos e alumnas de terceiro, cuarto, quinto e sexto, fomos á Casa da Cultura de Neda a disfrutar do espectáculo: "A CIENCIA DE HARRY POTTER" a cargo de David Ballesteros. Tratouse dun espectáculo-charla científica de inspiración literiaria na que a través de distintos experimentos e desde a óptica da ciencia, David explicounos algúns dos fenómenos que aparecían na obra de Harry Potter. Os 60 minutos que durou o espectáculo soubéronnos a moi pouco.
Vos deixamos algunhas fotos da charla:
E tamén estes videos que gravamos:
0 comments:
Publicar un comentario