MISIÓN NEDA
O pasado venres cando estabamos na aula de informática, recibimos unha visita inesperada. Tratábase nada máis e nada menos que de Laureana (en realidade Silvia Casal, mestra de teatro e actriz) , unha muller de máis de dous millóns de anos que vive nun castro do Monte de Ancos.
Primeiro presentouse e contonunos a súa incrible historia (unha coñecida lenda ambientada no Monte de Ancos):
MISIÓN NEDA: LENDA DO MONTE DE ANCOS from Ana Martínez on Vimeo.
A continuación, mandounos coller o sobre que tiñamos debaixo da cadeira e dixonos cal era a nosa misión:
Tamén nos dixo que para facelo, disporíamos de tres cadernos ilustrados con fotografías do patrimonio de Neda, mapas interactivos e lendas: hoxe o primeiro e os seguintes o 29 de marzo e o 12 de abril.
Estamos desexando saber que é o que di a frase!!!!!
Sen dúbida é unha boísima actividade para facer en familia e coñecer o noso Concello
0 comments:
Publicar un comentario