GRADUACIÓN E DESPEDIDA
O 5 de xuño fixemos a cerimonia de Graduación. Estabamos todos moi nerviosos e alegres e tristes á vez. Uns días antes entre todos escribimos unha carta de agradecemento para todos os mestres e mestras que tivemos durante estes anos tanto en infantil como en primaria.Mentras a líamos a algúns caeunos máis dunha mágoa pola emoción incluída a profe que estaba tan ou máis nerviosa ca nós.
A profe púxonos unha bonita presentación cunha foto actual e outra de cando eramos pequenos. Hai que ver como medramos!!!!!! E deunos unha orla e un diploma acreditativo do noso paso polo cole:
Foi unha cerimonia moi emocionante. E con moita mágoa témosvos que dicir ... ATA PRONTO, NON NOS OLVIDEDES!!!!
Por suposto que non vos olvidaremos e os botaremos moito de menos, eu a primeira. Grazas por estes tres anos nos que compartimos tantísimas aventuras. Deséxovos moi boa sorte nesta nova etapa que comezades e que sempre teñades esas gañas de aprender e boa disposición que sempre me amosáchedes.
Seguide así rapaces e rapazas e vos irá moi ben.
Unha grandísima aperta!!!!!!
0 comments:
Publicar un comentario