BOLAS DE NADAL

Ademais das árbores de Nadal que xa vos amosamos nunha entrada anterior, tamén queremos que vexades estas bonitas bolas de purpurina que fixemos:
Etiquetas CURSO 2020/21, MANUALIDADES, NADAL, NAVIDAD
EXPERIMENTOS MOI ELECTRIFICANTES
Cun polímetro, dous cables de cobre (que actúan como ánodo, é dicir carga negativa) e un parafuso (que actúa como cátodo, é dicir carga positiva) , medimos a electricidade que produce unha pataca (0,96 V), unha mazá (0,97 V ) e un limón (0,99 V) comprobando que canto máis ácido é o produto que utilizamos máis electricidade produce.
Facemos un circuito cunha pila de petaca, unha bombilla e uns cables de cobre. Deixamos un lado aberto para poder comprobar se un coitelo de metal ou unha regra de plástico pechan o circuito e segue circulando a electricidade (material condutor) ou este paso se interrumpe (material illante). Comprobamos que os metais son bos condutores da electricidade e que o plástico é un material illante.
Etiquetas CCNN, CIENCIAS NATURAIS, CURSO 2020/21, ELECTRICIDADE, EXPERIMENTOS
ÁRBORES DE NADAL
Este ano, o terceiro ciclo do cole, decoramos as nosas portas cunha xigante árbore de Nadal e unha gran bóla:
Etiquetas CURSO 2020/21, NADAL, NAVIDAD
ELECTRICIDADE E MAGNETISMO
Tarxetas para repasar os contidos fundamentais deste tema:
Conjunto de Fichas creado con GoConqr por Ana Martínez
Tamén podedes repasar xogando con estes xogos que preparei para vos con WordWall:
- O concurso das cargas eléctricas:
- Unir os compoñentes dun circuíto eléctrico coa súa función:
Etiquetas CCNN, CURSO 2020/21, ELECTRICIDADE
A ELECTRICIDADE ESTÁTICA
En ciencias naturais andamos a voltas co tema da electricidade e o magnetismo. A profe mandounos facer uns sinxelos experimentos na casa cun bolígrafo e cun globo e colocámolos todos nun PADLET (muro virtual).
Se queredes ver como o fixemos facede clic na imaxe
ou utilizade este código QR:
Etiquetas CCNN, CURSO 2020/21, ELECTRICIDADE ESTÁTICA, EXPERIMENTOS
CARAPUCHIÑA VERMELLA CON PICTOGRAMAS
BILIOMACI
PLANTAMOS CEBOLAS E GRELOS
Despois de preparar os bancais tal e como vos amosamos nunha entrada anterior, plantamos cebolas e sementamos grelos neles.
Para plantar as cebolas fixemos uns regos o máis rectos posibles e despois enterramos as nosas cebolas neles:
A continuación, sementamos os grelos:
Etiquetas CURSO 2020/21, HORTA ESCOLAR
NAVEGANDO POLA IGUALDADE
Hoxe, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os nenos e nenas de quinto e sexto (cada curso na súa aula) vimos o video "SIRA e a illa, Como mudar o mundo cunha barquiña de papel" unha narración poética de Palmira Castro desde o seu proxecto mimadriña que fomenta a igualdade e a xustiza entre mulleres e homes e entre todos os pobos.
Este video que estivo en aberto do 9 ao 25 de novembro na páxina Defronte.gal. conta a historia dunha nena que sempre tivo claro que quería facer, ser e sentir por ela mesma.
No video Sira soltaba barquiños de papel no mar. Nós tamén fixemos uns fermosos barquiños de papel nos que escribimos palabras bonitas como respecto, amor, amizade, confianza, ... E todos estes barquiños pegámolos en dous barquiños máis grandes que puxemos na entrada do noso colexio.
PREPARANDO OS NOSOS BANCAIS

Hoxe fomos ao invernadoiro para preparar os nosos bancais. Cunhas pequenas pas, movimos a terra:
A continuación regámola:
Desinfectamos todo o que usamos:
Etiquetas CURSO 2020/21, HORTA ESCOLAR
ERASMUS IN SCHOOLS
Este luns, grazas a asociación ESN Oviedo, disfrutamos doutra charla virtual neste caso con tres estudantes de Erasmus, dous franceses e un exipcio.
Durante preto dunha hora puidemos coñecer a opinión que teñen do noso país e tamén descubrir cousas interesantísimas sobre os seus.
Foi unha gran experiencia da que aprendimos todos xa que a eles serviulles para practicar o español e a nós para practicar o inglés.
Moitas grazas a Thomas, Ambroise e Guirguis Zaki pola súa participación así como a Beatriz e Miriam por organizar o evento.
E por suposto grazas á profe de inglés Uxía por facer de intérprete durante a videochamada.
Etiquetas CURSO 2020/21, ERASMUS IN SCHOOLS, VIDEOCONFERENCIAS
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
Hoxe todo o cole , por cursos, participamos nunha pequena charla sobre compostaxe doméstica. Aprendimos como facer un composteiro, que debemos botar nel, que debemos facer se está moi seco ou moi mollado, ...
Estivemos moi atentos xa que en nada comezaremos a traballar nas nosas parcelas do invernadoiro e o compost axudaranos a que a nosa colleita medre en boas condicións.
Etiquetas CHARLAS, COMPOSTAXE, CURSO 2020/21, HORTA ESCOLAR, PROXECTO HORTA ESCOLAR
CINENSINO: O PARQUE MÁXICO
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2020/21
PASAPALABRA: ESPAÑA NA IDADE CONTEMPORÁNEA
Repasamos a primeira parte da Idade Contemporánea con este pasapalabra que creei utilizando GENMAGIC
REPASANDO A IDADE CONTEMPORÁNEA
Etiquetas CCSS, CIENCIAS SOCIAIS, CURSO 2020/21, GENMAGIC, IDADE CONTEMPORÁNEA, PASAPALABRA