MECO 2020

Hoxe cando chegamos ao cole, quedamos abraiados vendo o MECO que fixeron este ano as nais e pais tan traballadores que temos este ano. Tratábase nin máis nin menos que de Alvin e os esquíos xa que o proxecto anual de centro, tal e como xa vos comentamos noutra entrada, é "O horto escolar e a nosa contorna".


Cando estabamos a primeira hora, petaron á porta e apareceu ... O MESMIÑO ALVIN EN PERSOA que viña a dicirnos como temos que vir mañá:

E isto foi o que nos dixo:

Así que xa sabedes, mañá todos coa cabeza adornada e unha fermosa garavata.

btemplates