FELIZ SAMAÍN

 

Fonte da imaxe

Onte no centro celebramos a festa do SAMAGOSTÍN pero por mor do Coronavirus non foi unha celebración coma sempre.

No lugar de xuntarnos todos, celebramos a festa cada un na súa clase. Nós comezamos a mañá vendo a película de "Pesadillas", unha película de medo para nenos e nenas de máis de 7 anos. Aquí vos deixamos o trailer da película:


Continuamos facendo unha manualidade dunha meiga. Ollade que bonitiñas nos quedamos:


Se queredes facelas, nós seguimos o titorial que atopamos en KIDEAREA. O único que cambiamos é que en lugar de utilizar papel de seda utilizamos lá grosa de cores.

E para rematar fixemos unha terrorífica merenda cada un no seu sitio claro está. Para que veixades que medo dábamos todos quitamos esta foto diante das CATRINAS que decoramos estes días.


Fixáchesvos nos pompóns? 

Tamén os fixemos nós con papel de seda seguindo estas instruccións. 

A que nos quedaron bastante ben?

MOI FELIZ NOITE DE SAMAÍN PARA TODOS E TODAS!!!!!


btemplates