NOVAS DE MACÍN

 

Hoxe cando entramos na clase atopamos unha caixa enorme  que poñía 5º de EP e tiña unha imaxe do Mago Macín a mascota da biblioteca do cole.

Como Anxo era hoxe o encargado, tocoulle abrila. Dentro había un divertido cómic, os carnets da biblioteca para que os levemos cando vaiamos e podamos facer os empréstitos de libros, unha carta e uns rectángulos en branco.

Na carta, Macín dicíanos que os rectángulos brancos eran marcadores para colocar nas estanterías cando collamos un libro e que estaban en branco para que os decorásemos ao novo gusto.

Así que dito e feito, puxémonos a decorar os marcadores e ... ASÍ NOS QUEDARON. 

Sabedes de quen é cada un? 

Pois de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Kevin, Quique, Manu, David, Santi e Anxo.


btemplates