DETECTIVES DE MATERIAIS: PINTURA NEGRA E CINTA GECKO

 Nesta segunda sesión, convertímonos en "detectives de materiais" e experimentamos cos dous primeiros: a pintura máis negra do mundo e coa cinta adhesiva inspirada no animal Gecko.

Sabíades que a pintura negra non é realmente do todo negra, que o negro perfecto non existe? Por equipos, pintamos a plantilla que viña no kit con distintas pinturas negras: rotuladores, ceras brandas, ceras duras, lápices de cores, témpera, ...


E descubrimos que en todos os recadros que pintamos a nosa pintura negra era moito máis clara que o recadro que viña xa cun negro de imprenta. Tamén que nunha habitación escura, esa pintura era a que máis custaba ver. Sabedes como a crearon? Pois ben,  utilizando un pigmento que case non brilla para fabricala. Esta pintura pode ter varias distintas aplicacións como esta:

A continuación tocoulle o turno á cinta Gecko. Primeiro pegámola e despegámola entre si varias veces e comprobamos que seguía pegando igual que ao principio,  pegámola en distintas superficies: no armario, no cristal da ventá, na mesa, na parede e comprobamos que se pegaba en calquer material, que se podía quitar sen deixar restos de pegamento, que era moi forte e aguantaba moito peso,  ...







Despois coa axuda das micropipetas, mollamos a superficie da cinta e comprobamos que ainda mollada, a cinta seguía pegando igual de ben.



A que non sabedes porque esta cinta é diferente ás outras cintas adhesivas e pega moito mellor? Poi porque a súa superficie está chea de pequenos filamentos, millóns de pequenos pelos con forma de fungo que lle dan esa capacidade de pegar tan distinta ás demais.

btemplates