UN ANO DE CINE
Xa hai uns meses que temos na nosa clase o calendario que fixemos entre todos os cursos. Aquí volo deixamos para que vexades os bonitos debuxos que ten. Atopades os nosos?
Xa hai uns meses que temos na nosa clase o calendario que fixemos entre todos os cursos. Aquí volo deixamos para que vexades os bonitos debuxos que ten. Atopades os nosos?
Etiquetas CALENDARIO, CURSO 2021/22, PROXECTO CINE
Etiquetas CCSS, CURSO 2021/22, ESTACIÓN METEREOLÓXICA
Onte celebramos a festa do Entroido no cole, cada clase por separado por mor do COVID.
Primeiro decoramos o recipiente onde iamos botar os gusanitos e as palomitas:
A continuación vimos a película de PAN (Viaxe a nunca xamais):E ao rematar fixemos unha rica merenda. Decoramos unha bandeira pirata, a pegamos nun pincho de madeira, colocámoslle unha loncha de queixo de vela, abrimos o pan (o casco do barco) e despois de quentalas no forno, metimos dentro de cada pan unha salchicha.
Uhmmm, que rico!
Etiquetas CURSO 2021/22, ENTROIDO, MANDATOS DO MECO
Etiquetas CURSO 2021/22, ENTROIDO, MANDATOS DO MECO
Hoxe 23de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Para homenaxear a esta gran escritora galega, entre todas as clases creamos un bonito documental.
Aquí volo deixamos para que poidades gozar del:
Etiquetas CURSO 2021/22, DÍA DE ROSALÍA, PROXECTO CINE
Etiquetas CURSO 2021/22, ENTROIDO, MANDATOS DO MECO
Hoxe tivemos a segunda das tres charlas pertencentes ao "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos".
Durante unha sesión, falounos das distintas situacións de acoso escolar e do importante que é o papel do testigo/a para que frene o acoso.
Vimos tamén un video onde se entrevistaba a dous rapaces que sufriron acoso escolar. Podedes velo na páxina web da Sexta premendo na imaxe:
Etiquetas CURSO 2021/22, ENTROIDO, MANDATOS DO MECO
Etiquetas CURSO 2021/22, ENTROIDO, MANDATOS DO MECO
Un ano máis comeza a celebración do Entroido no cole. Este ano, o tema elexido é ..... OS PIRATAS.
Ollade que bonito está o cole :
Etiquetas CURSO 2021/22, ENTROIDO
Polo día da amizade, seguindo unha idea que vimos en Internet, cada un de nós recortou cinco corazóns para escribir neles o que máis nos gusta de cada compañeiro de clase.
Despois, decoramos un sobre que poñía O que máis me gusta de ..., engadimos o noso nome e nel metimos todos os corazóns que nos escribiron os nosos compañeiros.
Etiquetas CURSO 2021/22, DÍA DA AMIZADE
Para decorar o cole, decidimos facer unhas caroutas de animais en 3D. Seredes capaces de adiviñar que animal é cada un?
Etiquetas CURSO 2021/22, ENTROIDO
Para repasar o tema da enerxía que estamos a ver en Ciencias Naturais, a profe preparou unhas tarxetas feitas con Goconqr, un pasapalabra feito con Genmagic e un Breakout feito con Genial.ly Non só aprendimos moito con eles, senón que tamén o pasamos de marabilla.
Etiquetas BREAKOUT, CCNN, CIENCIAS NATURAIS, CURSO 2021/22, ENERXÍA, PASAPALABRA
Estes días, na clase estamos a falar das consecuencias do uso da enerxía e entre elas, da chuvia ácida e do efecto invernadoiro.
Para que nos quedase máis clariño fixemos dous experimentos. Queredes velos?
- EXPERIMENTO CHUVIA ÁCIDA:
- EXPERIMENTO EFECTO INVERNADOIRO:
Etiquetas CCNN, CHUVIA ÁCIDA, EFECTO INVERNADOIRO, EXPERIMENTOS
|
0 | ||||||||||||||||||||
|