MACÍN E O DÍA DO LIBRO


Xa había moitos días que non tíñamos noticias de Macín. Pois ven, o outro día cando entramos na clase, vimos a caixa de Macín. Esta vez, encima da mesa de Manuel.
Cando Manuel abriu a caixa, viu como non unha carta do noso mago favorito e tamén unhas tiras de cores. Na carta, Macín nos dicía que como o día do libro estaba moi preto, quería que cada un de nós collese dúas tiras e nelas escribise o nome do último libro que leu e na outra, o título ou a colección do próximo libro que nos gustaría ler para así poder facer un bonito mural.
Así que puxémonos a obra e como ademais facía moi bo tempo, que mellor que aproveitar as mesas que temos fóra no patio para facelo, non si?




btemplates