1º NOVAS DE MACÍN: MOCHILA VIAXEIRA

 Lembrádesvos de Macín, a mascota da nosa biblio? Pois ben, onte mentras estabamos na biblioteca tivemos as primeiras novas sobre él. Resulta que enriba dunha mesa estaba a caixa de sexto de primaria de Macín. Quique que estaba cerca dela foi o encargado de abrila e cando o fixo ... o primeiro que atopou foi esta carta:


Na carta dicíanos que dentro da caixa estaba a Mochila Viaxeira.
 
Que ben!




Cando chegamos a clase abrímola para ver que contiña e vimos que había un libro de lectura, un de poemas, un cómic, un divulgativo, un en inglés, un para as familias e este ano a maiores por mor do novo proxecto... UN DE MANUALIDADES CON MATERIAIS DE REFUGALLO!

A ver se algún de nós se anima a facer unha e mandar unha foto ou traer a manualidade ao cole para facer unha gran exposición entre todas.

btemplates