PLAN DIRECTOR: VIOLENCIA DE XÉNERO

 Un curso máis, no cole participamos no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Este plan, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temas como o acoso escolar, violencia de xénero, novas tecnoloxías,... impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Así que hoxe, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria,  tivemos a primera charla informativa da man de Sara que pertence á Garda Civil. Durante preto dunha hora, Sara estivo falándonos da violencia de xénero tanto da física como da psicolóxica así como dos estereotipos.

Vimos ademais este video no que aprendimos que a través das novas tecnoloxías tamén pode haber violencia de xénero, por exemplo humillando a outra persoa (parella ou exparella) compartindo fotos íntimas sen o seu consentimento e que facer isto é un delito.

btemplates