COÑECEMOS A FÁBRICA TEXTIL DE XUBIA
Este martes, acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 4º e 5º de Primaria, fixemos unha visita guiada á Fábrica de Xubia. Esta visita está promovida polo Concello de Neda dentro do seu programa: "Educando en patrimonio e historia" .
Durante a visita, o xerente da firma Galicia Textil, falounos do proceso artesanal de elaboración dos tecidos así como da historia das instalacións que teñen máis de 200 anos.
Sabiades que a factoría foi inicialmente Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, fábrica de construccións de fusís e tamén de chapas de cobre coas que se recubrían o entramado dos barcos de madeira para mellorar a súa navegabilidade?
E que cada día se elaboran 7000 m de tea? Estas teas, almacénanse e expórtanse a outras factorías. Para facelas, enrólase o fío no urdidor, dalí pasa á encoladora e por último á remetadora onde se deseña a estrutura do tecido.
0 comments:
Publicar un comentario