GRADUACIÓN
Hoxe tivemos unha mañá moi emotiva xa que nos graduamos xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Educación Infantil. Nela non faltaron os aplausos cando entramos no patio cuberto, a entrega da orla e dun diploma, a lectura das cartas de despedida que fixemos e por suposto moitas fotos para o recordo.
Botarémolos moito de menos pero estamos seguros de que lles irá moi ben nesa nova etapa que comezan.
0 comments:
Publicar un comentario