CHARLA PARQUES NATURAIS
Hoxe tivemos unha pequena charla sobre o parque natural das Fragas do Eume. Nela aprendimos de maneira sinxela e amena as súas características, os principais problemas ambientais que sofre e a forma que temos entre todos de poder axudar e protexelo.
Esta charla encádrase dentro do programa "Para unha Transición Ecolóxica" desenvolvido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) co apoio da Deputación da Coruña co obxecto de dar a coñecer a importancia e valores de distintos espazos naturais protexidos da comunidade.
Próximamente faremos unha ruta guiada polas Fragas na que poderemos ver en vivo e en directo e poñer en práctica moita das cosas que aprendimos durante a charla.
0 comments:
Publicar un comentario