PRIMEIRA CARTA DO MAGO MACÍN
Cando hoxe chegamos a clase, enriba da mesa de Manuel estaba a caixa do Mago Macín a mascota da nosa biblio.
Manuel abriuna e amosounos o que tiña: unha carta. Na carta Macín dicíanos que hai uns días fora o día das bibliotecas escolares co lema "Unha biblioteca escolar en viñetas" e que como sabía que en Educación Física estivéramos facendo unhas probas e conseguíramos facer o puzzle da portada dun libro de banda deseñada , nos pedía que metéramos dentro da caixa o puzzle para que dentro duns días e con axuda da súa maxia , ese puzzle se convertise nun libro de verdade.
Así que dito e feito, metimos o puzzle na caixa e ... A ESPERAR A VER QUE PASA.
0 comments:
Publicar un comentario