29feb 2024
0 comments

OBRADOIRO AUGAS DE GALICIA

Hoxe recibimos a visita de Augas de Galicia que veu ao cole a darnos unha charla de sensibilización sobre as inundacións e os seus efectos negativos.

Despois de presentarnos ao personaxe principal,  unha pinga de auga chamada Xistra, vimos un video no que se explicaba en que consisten as inundacións, por que se producen e como temos que comportarnos nese caso.

Despois fixemos un breve experimento para ver como as raíces das árbores serven para frear a forza da auga en caso de inundación e rematamos cun concurso de preguntas e respostas.

23feb 2024
0 comments

CALIGRAMAS PARA ROSALÍA

 


Lembrades a derradeira carta de Macín na que nos pedía que fixésemos uns caligramas?

Pois ben, a profe dividiunos en catro grupos. Cada grupo tiña que inventar un poema pero para iso antes tiñamos que ponernos de acordo en cal sería o tema do mesmo. Unha vez decidido o tema, cada membro do grupo tiña que inventar unha estrofa e despois entre todos repartirnos o traballo para facer o caligrama.





E como podedes ver na imaxe de cabeceira desta entrada, con todos os caligramas que se fixeron montouse un precioso mural.

22feb 2024
0 comments

RECIBIMOS UNA CARTA!!!!

 Hoxe voltamos a recibir unha carta pero esta vez non era de Macín:


Era dos nenos e nenas de quinto de primaria do CEIP Nuestra Señora de Guadalupe en Cádiz.

Fíxonos moita ilusión recibir a súas cartas e como non quixemos ser menos, deseguido puxémonos a contestalas:




21feb 2024
0 comments

RECIBIMOS CARTA DE MACÍN

Hoxe ao entrar na clase, voltamos a ver a caixa de Macín e iso significa .... QUE TEMOS CARTA!!!! Dentro ademais da carta, había uns folios de cores.

Dani leunos a carta de Macín. Nela, o noso mago favorito, dicíanos que dentro de pouco ía ser o día de Rosalía e por iso nos pedía que fixeranos uns caligramas con poemas inventados ou da obra da escritora.

Haberá que poñerse a pensar ...

20feb 2024
0 comments

VISITAMOS SOGAMA

 Hoxe visitamos SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) un lugar no que se coida o medio ambiente a través da xestión sostible dos residuos municipais.

09feb 2024
0 comments

FESTA DO ENTROIDO: O NOSO DISFRAZ

 Agora xa podemos ensinarvos o noso disfraz: ASTRONAUTAS!!!!!!

- O casco:


- As mochilas:


- Os traxes:



- E por último o noso disfraz completo:


A que estamos ben guap@s, non si?

08feb 2024
0 comments

ENTROIDO: DÍA 4

 

07feb 2024
0 comments

ENTROIDO: DÍA 3


 

06feb 2024
0 comments

ENTROIDO: DÍA 2

 


05feb 2024
0 comments

ENTROIDO DÍA 1:


 

02feb 2024
0 comments

COMEZA OFICIALMENTE O ENTROIDO

 


Coa decoración da entrada do cole por parte da ANPA utilizando os antifaces que fixemos nas clases, comezamos o Entroido no cole este no adicado ás profesións.

Pero antes da gran festa que teremos o venres que vén, hai que estar moi atentos aos mandatos do Meco:

01feb 2024
0 comments

AXUDANDO AOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS E DE 3º EP A FACER OS SEUS ANTIFACES

Despois de facer os nosos antifaces, axudamos aos nenos e nenas de cuatro anos e tamén aos de terceiro de primaria a facer os seus:

Carnaval de Ana