CALIGRAMAS PARA ROSALÍA
Lembrades a derradeira carta de Macín na que nos pedía que fixésemos uns caligramas?
Pois ben, a profe dividiunos en catro grupos. Cada grupo tiña que inventar un poema pero para iso antes tiñamos que ponernos de acordo en cal sería o tema do mesmo. Unha vez decidido o tema, cada membro do grupo tiña que inventar unha estrofa e despois entre todos repartirnos o traballo para facer o caligrama.
E como podedes ver na imaxe de cabeceira desta entrada, con todos os caligramas que se fixeron montouse un precioso mural.
0 comments:
Publicar un comentario