OBRADOIRO AUGAS DE GALICIA

Hoxe recibimos a visita de Augas de Galicia que veu ao cole a darnos unha charla de sensibilización sobre as inundacións e os seus efectos negativos.

Despois de presentarnos ao personaxe principal,  unha pinga de auga chamada Xistra, vimos un video no que se explicaba en que consisten as inundacións, por que se producen e como temos que comportarnos nese caso.

Despois fixemos un breve experimento para ver como as raíces das árbores serven para frear a forza da auga en caso de inundación e rematamos cun concurso de preguntas e respostas.

btemplates