0 comments

PRACTICAMOS UNIDADES DE LONXITUDE, CAPACIDADE E MASA

 

Hoxe tocou practicar cambios de unidades de medida utilizando a ruleta de Ikea e os materiais que desinteresadamente comparte @Susana Canta (enlace na imaxe de arriba):




0 comments

VISITAMOS AS FRAGAS DO EUME

 A finais de setembro tivemos unha charla da asociación CEIDA no cole sobre os parques naturais e en concreto sobre as Fragas do Eume. A idea era que unha semana máis tarde fósemos ás Fragas para ver en directo todo o aprendido pero por culpa do mal tempo e por falta de datas, non puidemos facer a saída ata hoxe.

E hoxe a pesar de que chovía un pouco, por fin fixemos a visita. Durante a camiñata polas Fragas ata o mosteiro de Caaveiro, descubrimos distintas especies vexetais (como os seus fentos de gran  tamaño) e animais (como o caracol de cuncha plana).

Gustounos moitísimo!

0 comments

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO: PICNIC LITERARIO

 Por segundo ano consecutivo, celebramos o día do libro facendo unha merenda ao lado do río Belelle e a continuación léndolles aos nosos compañeiros/as máis pequenos.

0 comments

SEGURIDADE VIAL

 A segunda charla do Plan Director foi de Seguriadade Vial. Durante preto dunha hora aprendimos por onde temos que cruzar,  que temos que levar cando imos en bici, precaucións que temos que tomar como pasaxeiros de coches e condutores de bicis ...

Foi unha charla moi entretida coa que aprendimos moito.



0 comments

AS NOSAS PATACAS

 Así van medrando as nosas patacas:

0 comments

CONTOS QUE DEIXAN PEGADA

 

Como o prometido é débeda, aquí vos deixamos as nosas pegadas: 

                                



0 comments

RECIBIMOS CARTA DE MACÍN

 

Unha vez máis, cando chegamos a clase esperábanos a caixa de Macín cunha nova carta. 

Nela o mago dicíanos que como neste mes se celebra o día do Libro, entre todos os nenos e nenas do cole iamos facer un camiño ata a Biblioteca. Que como o iamos facer?

Pois ben, cada un de nós, tiña que deixar a súa pegada nun folio de cores e unha vez seca, escribir nela o título dun libro que nos gustara moítisimo.

Así que .... MANS A OBRA! Pronto vos amosaremos como quedan as nosas pegadas.