VISITAMOS AS FRAGAS DO EUME
A finais de setembro tivemos unha charla da asociación CEIDA no cole sobre os parques naturais e en concreto sobre as Fragas do Eume. A idea era que unha semana máis tarde fósemos ás Fragas para ver en directo todo o aprendido pero por culpa do mal tempo e por falta de datas, non puidemos facer a saída ata hoxe.
E hoxe a pesar de que chovía un pouco, por fin fixemos a visita. Durante a camiñata polas Fragas ata o mosteiro de Caaveiro, descubrimos distintas especies vexetais (como os seus fentos de gran tamaño) e animais (como o caracol de cuncha plana).
Gustounos moitísimo!
0 comments:
Publicar un comentario