OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

 


Onte recibimos no cole a visita de Amaya, enfermeira de pediatría do Centro de Saúde de Neda e catro das súas residentes de 1º ano. As cinco viñeron a darnos un pequeno cursiño de primeiros auxilios a nos e aos nosos compañeiros e compañeiras de quinto de primaria.

Durante preto de hora e media, aprendimos e practicamos a posición lateral de seguridade, a RCP (reanimación cardiopulmonar) tanto a adultos como a nenos e lactantes, como utilizar un DESA (desfibrilador semiautomático) e por último e non menos importante, que facer en caso de atragantamento.

Gustounos moitísimo e aprendimos un montón. Esperamos que veñan a vernos moitas máis veces.

MOITAS GRAZAS A TODAS!!!!!

Nesta presentación podedes ver algunhas das fotos que sacamos practicando todo o aprendido.

btemplates