ATA PRONTO, CHIC@S!

O 10 de xuño celebramos a nosa cerimonia de graduación. Íamos coa barriga chea de nervios e cunha mestura fermosa de alegría e tristura. Uns días antes redactamos cada un, unha carta de agradecemento para o profesorado que nos acompañou desde Infantil ata Primaria. Ao lela, caéronnos máis ca unha bágoa pola emoción… tamén á profe, que estaba tan nerviosa coma nós.

A profe preparounos unha presentación moi agarimosa, cunha foto actual e outra de cando eramos pequenos/as. ¡Que barbaridade o que medramos! Ao remate, entregounos a orla e o diploma que acreditan o noso paso polo cole. Foi unha cerimonia moi emocionante!


Si que foi unha cerimonia moi emocionante, rapaces e rapazas. Na nova etapa que comezades, seguide sendo curiosos, valentes e boa xente. Non vos rindades aínda que sexa difícil. O cole seguirá sendo a vosa casa: cando queirades, volvede a contarnos como vos vai. Unha gran aperta.



btemplates