VISITA DO CITEEC

 

A técnica de laboratorio no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da UDC, Paula Romero, veciña de Neda e tres dos seus compañeir@s viñeron ao cole a ensinarnos como é o seu traballo a través de distintos obradoiros:

- ENSAIO DE MATERIAIS: Cunha maqueta que permitiunos facer réplicas do funcionamento da torre de caída para impacto.



 - CELOSÍAS ESTRUTURAIS: Para analizar esforzos de tracción e compresión en pontes ou cubertas:






CANAL DE OLEAXE: Para simular correntes e olas e ver como afectan a infraestruturas como presas, diques ou portos.





- DINÁMICA DE ESTRUTURAS: a través de mesas sísmicas que permiten simular terremotos para estudar como afectan os seismos a diferentes tipos de estruturas.


MOITAS GRAZAS A TOD@S POR VIR. PASÁMOLO FENOMENAL E AO MESMO TEMPO APRENDEMOS MOITÍSIMO.

btemplates