2 comments

10 GRANDES MULLERES GALEGAS

Como xa vos comentamos na entrada anterior, durante esta semana, estivemos a investigar sobre a vida de dez mulleres importantes da historia galega.

Primeiro, cada un de nós fixo un debuxo da protagonista da súa investigación:


A continuación, fixemos unha presentación co Impress (software libre similar ao Power Point) coa información máis relevante da nosa personaxe:


E por último, cos nosos debuxos xeramos uns códigos QR con UNITAG que redireccionamos á nosa diapositiva para poder ler unha pequena biografía:


Para ver se funcionaban, utilizamos o móbil da profe e "limos" os códigos coa aplicación gratuita I-nigma que é o lector de códigos QR que ten a profe pero hai moitos máis como Beetag , Up-Code, QuickMark, ...










Por se alguén non quere descargar ningún lector de códigos QR no seu teléfono móbil, deixámosvos a presentación para que poidades saber quen é cada unha e por que nos parecen mulleres  dignas de pertencer á historia galega:


0 comments

8 de Marzo


Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, esta semana estamos  investigando a vida de dez mulleres importantes na historia de Galicia, para reivindicar unha vez máis a igualdade de xénero que é algo que xa traballamos ao longo de todo o ano.

A finais de semana, amosarémosvos o noso traballo que inclúe unha presentación colectiva feita co OpenOffice Impress ( o libre software equivalente a Power Point) e tamén RA (Realidade Aumentada) en forma de códigos QR.

Para ir abrindo boca, deixámosvos a portada da nosa presentación cos debuxos das dez protagonistas da mesma. Seredes quen de descubrir a identidade algunha? Se non é así, non vos preocupedes, o vindeiro venres ...  descubrirédelo.

0 comments

O APARATO CIRCULATORIO


Despois do aparato dixestivo e do aparato respiratorio, tocoulle o turno ao aparato circulatorio.
Comezamos vendo este video de Óscar Alonso do blog a Eduteca:


Con el, aprendimos cales son as súas partes, de que se encarga e como traballa. A continuación completamos na libreta esta ficha para non olvidarnos:


Tamén aprendimos que o corazón é un órgano oco con catro cavidades que impulsa o sangue polos vasos sanguíneos e coloreamos este que fixemos a partir dunha ficha que atopamos en inglés:



Para que nos quedase moi clariño como funciona o aparato circulatorio e que substancias transporta, xogamos ao XOGO DO APARATO CIRCULATORIO de Ellen MacHenry´s que podedes descargar clicando na imaxe:



E tamén falamos do SANGUE. Soubemos que ademais dos glóbulos vermellos que transportan os nutrientes e o osíxenos, tamén ten glóbulos brancos que se encargan de defendernos das infeccións e plaquetas que nos axudan a taponar as feridas. E que todos eles flotan nun líquido chamado plasma.

Unha vez sabido isto, coloreamos esta gota de sangue de Lindsey Viducich que pasamos ao galego:


E como queriamos saber como era o sangue en realidade, a profe pinchouse nun dedo, collimos un microscopio e ...


Algúns recursos sobre o Aparato Circulatorio:

0 comments

FESTA DO ENTROIDO


O venres pasado celebramos o festival do Entroido. Pola pasarela do noso patio cuberto, desfilaron:

- As antorchas de Educación Infantil que encenderon o pebeteiro:






- Os lanzadores de peso de 1º de E.P.





- Os nadador@s de 2º de E.P.





- Os boxeador@s de 3º de E.P.





- Os xogadores de esgrima de 4º de E.P.





- As medallas, medallistas e xuíces de 5º de E.P.




- E os de halterofilia e outros deportes de 6º de E.P.





E por suposto non podía faltar a nosa mascota Geruso:



Despois do desfile, degustamos unhas riquísimas orellas e rosquillas que unha vez máis nos trouxo a ANPA:



E para finalizar queimamos o precioso MECO da "Patrulla canina":



No enlace de abaixo podedes ver todas as fotos que están subidas á páxina web do cole

0 comments

O NOSO DISFRAZ

Na clase estivemos a facer o noso disfraz  para o Entroido. Como xa vos dixemos, este ano, o noso Entroido adicouse ao proxecto das Olimpíadas que estamos a levar a cabo, por iso todas as clases nos disfrazamos de algo relacionado co tema. Nós eleximos disfrazarnos de esgrimistas porque ese é o tema do que nos tocou investigar.


Para facer a espada, primeiro, enrolamos papel de xornal cuns escarvadentes  e unha vez que tomou forma, puxemos todo ao redor cinta adhesiva para que lle dese máis firmeza.

Como mango, utilizamos espuma para protección de tubos ao que se puxemos cinta aillante de cor gris e como cazoleta, usamos a parte de arriba das botellas de auga de dous litros e medio especial neveira, que pintamos con "spray" metalizado gris:




Ollade que chulis quedaron:


O traxe, fixémolo con dúas bolsas de plástico de cor branca. Á parte de arriba, puxémoslle o logotipo das Maciolimpiadas:


E para rematar, o protector da cabeza, fixémolo con goma eva branca e tela de tul de cor negra. Así de bonitos nos quedaron:


E así de guapos e guapas estabamos disfrazados:


Nos próximos días ensinarémosvos o ben que o pasamos todos no festival.