CHARLA: ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS
Ángel da asociación CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) veu hoxe ao colexio a darnos unha charla aos nenos de quinto e sexto de primaria.
Durante preto dunha hora, a través dunha breve presentación e dun xeito moi ameno, falounos de dous espazos naturais protexidos da provincia de A Coruña como son a Costa de Dexo e a Illa e o Castelo de Santa Cruz.
Aprendimos o importante que é protexelos, a gran riqueza que posúen, os problemas ambientais que sofren e que podemos facer nós para preservalos.
A semana que vén iremos á Illa e ao Castelo de Santa Cruz para ver en vivo e en directo moitas das cousas que aprendimos hoxe.
Etiquetas CEIDA, CHARLAS, CURSO 2022/23, EXCURSIÓNS
ORTOGRAFÍA: A ÁRBORE DAS PALABRAS
Esta árbore coas súas tarxetas de SM axudaranos a practicar ortografía.
En cada lectura aparecerán seis ou sete palabras en vermello. Serán palabras con algunha dificultade ortográfica por exemplo h, b/v, g/j,...
E dependendo do número que saia saberán que teñen que facer na libreta para non olvidar a súa ortografía:
Etiquetas ÁRBORE DAS PALABRAS, CURSO 2022/23, ORTOGRAFÍA
UN CURSO CHEO DE BOS PROPÓSITOS
BENVIDA MENCÍA!!!!!
E que mellor forma de comezar o curso que con este agasallo:
Etiquetas CURSO 2022/23, NOVO CURSO
FESTA FIN DE CURSO
O derradeiro día de colexio celebramos unha gran festa con moitos xogos e actividades.
Durante case toda a mañá puidemos desfrutar de xogos populares xigantes, o brilé, tiro ao arco, manualidades ,.... había INCLUSO UN PHOTOCALL!
Etiquetas CURSO 2021/22, FIN DE CURSO
FACEMOS CHAVEIROS CON PLÁSTICO MÁXICO (ENCOLLIBLE)
Os últimos días de clase fixemos fermosos chaveiros de animais mariños utilizando plástico "máxico". Queredes saber como o fixemos?
Pois ben, primeiro coloreamos o animal que nos tocou con rotuladores
A continuación recortámolos polo borde e fixémoslles un burato cun sacabocados
Por último, metímolos uns cantos segundos no forno e ... maxicamente os nosos animais endureceron e puxéronse moito máis grosos.
Só tivemos que poñerlles unha cadea e ....
AQUÍ OS TEDES!!!!!
A que son ben fermosos?
Etiquetas CURSO 2021/22
MARCHA CICLISTA ESCOLAR
Hoxe algúns de nós xunto con varios compañeiros/as de sexto e tres profes, participamos na Marcha Ciclista Escolar que organiza o Concello de Narón.
Fomos pedaleando ata o paseo de Xuvia e unha vez alí, comimos un bocata, bebimos auga, xogamos e vimos ademais un helicópero da DXT.
Podedes ver as fotos da xornada, na páxina web do cole. Para acceder preme na ligazón:
Etiquetas CURSO 2021/22, MARCHA CICLISTA
3ª PROXECCIÓN DE CINE E SAÚDE
A semana pasada visitounos María José para presentarnos a terceira e derradeira película do programa de Cine e Saúde.
Trátase da película "Mi amigo pony", unha preciosa película para traballar o amor polos animais.
Aquí vos deixamos o tráiler oficial da película:
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2021/22, PROGRAMA CINE E SAÚDE
MÓVETE + : DANCE MONKEY
Nos últimos anos, o centro participa no Móvete +, unha proposta que trata de promover a actividade física a través dunha coreografía. Cada clase do cole, ten que preparar unha canción e o seu baile e representala diante do resto do alumnado para que a copien e practiquen exercicio.
A nós tocounos hoxe. Primeiro gravamos a nosa actuación por se chovía e non podíamos facelo fóra no patio:
Etiquetas CURSO 2021/22, MÓVETE+
EXCURSIÓN Á CAPELA
O venres, os nenos e nenas de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria, fomos de excursión A Capela.
Primeiro visitamos o Museo Etnográfico e vimos como era unha casa antiga e as cousas ás que se adicaban os nosos avós e bisavós.
E despois o Muíño do Pouso.
Etiquetas CURSO 2021/22, EXCURSIÓNS, MUÍÑO, MUSEO ETNOGRÁFICO
2ª PROXECCIÓN DE CINE E SAÚDE
Se onte tivemos a visita de Sara para facer a terceira e última charla do Plan Director, hoxe veu a visitarnos Mª José, pedagoga do Concello de Fene para presentarnos a segunda proxección deste trimestre: "O mellor verán da miña vida", unha película que resalta os valores da familia e os amigos.
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2021/22, PROGRAMA CINE E SAÚDE
3ª CHARLA PLAN DIRECTOR: NOVAS TECNOLOXÍAS
Onte tivemos a terceira e última das tres charlas pertencentes ao "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos". Durante unha sesión, Sara falounos dos beneficios de Internet pero tamén dos seus perigos.
LETRAS GALEGAS 2022
Este ano o día das Letras Galegas adícase ao autor Florencio Delgado. Nas clases estivemos a aprender cousiñas sobre a súa biografía utilizando unha vez máis os recursos que pon á nosa disposición o Seminario Galán
Ademais, cada neno e nena do colexio escribimos nun pequeno papel a nosa palabra favorita en galego. Estas son as que escribimos nós:
Pero iso non foi todo. Ademais decoramos unha prenda de vestir e nela escribimos o título dun poema, unha estrofa, ... Nós decidimos escribir nas nosas prendas estrofas de distintos poemas de Florencio Delgado:
EXCURSIÓN A MADRID
A semana pasada, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria, acompañados do profe Felipe e da profe Mónica, en lugar da profe Ana que non poido ir porque colleu o COVID, fomos de excursión de final de curso a Madrid.
Foron catro días fantásticos no que disfrutamos de actividades de arborismo no Guadarrama, o musical O Rei Leon, o Parque Europa, por suposto a Warner e unha estupenda visita por Segovia.
Están todas as fotos da viaxe na galería da páxina web do cole e tamén podedes premendo na imaxe de abaixo:
Etiquetas CURSO 2021/22, EXCURSIÓN FIN DE CURSO, EXCURSIÓNS




_3.jpg)

.jpg)

_2.jpg)

_2.jpg)








.jpeg%20-%20Fotos.jpg)
.jpeg%20-%20Fotos.jpg)
.jpeg%20-%20Fotos.jpg)



.jpeg)




























.png)















