0 comments

ABECEDARIO DA PAZ

 Por mor do Día da Paz, ao longo da semana, entre todo o alumnado fixemos un abecedario da paz con palabras en distintos idiomas.

A nós tocáronnos as letras: H, J, Ñ e Z. Así que dividímonos en catro grupos e estas son as palabras que fixemos:

- H de HOOP que significa esperanza en holandés:



- J de JUSTICIA en castelán:



- Ñ de ÑÁÑARAS en galego que significa facer as beiras, aloumiños:


- Z de ZEN que significa paz mental en inglés:



E así de bonito quedou todo o abecedario montado:


Gústavos?

0 comments

VISITAMOS SOGAMA

 


Hoxe visitamos SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) en Cerceda. Esta visita permitiunos coñecer de primeira man a planta de tratamento de residuos máis importante de Galicia.

Alí tivemos unha charla informativa e formativa na aula educativa a través dunha presentación sobre as instalacións e a súa funcionalidade, vimos un video inmersivo das instalacións 360º cunhas lentes de realidade virtual, aprendimos a clasificar distintos residuos e fixemos un percorrido en bus polas instalacións realizando un repaso da funcionalidade de cada instalación. 

0 comments

SORPRESA NA BIBLIO!

 Á volta das vacacións, despois do recreo, fomos a biblioteca. Cando chegamos vimos que había unha morea de libros, xogos e tamén ... ferramentas! Menuda sorpresa! Estamos desexando probar todo.

Alí coincidimos cos nosos compañeiros e compañeiras de cuarto de primaria e entre varios limos esta carta que Macín deixara para nos.


Como podedes ler, na carta Macín nos pide que para o Día da Paz, escollamos un xogo que pode ser ou non da biblio e que llo ensinemos a outra clase a xogalo.

Que xogo ensinaremos? Haberá que darlle ao miolo.

0 comments

FELIZ DÍA DE REIS!

 






0 comments

FELIZ 2026


 

0 comments

SAN SILVESTRE 2025

O último día do trimestre, celebramos a 6º edición de San Silvestre. Así é como saímos:


 Podedes ver algunhas fotos da carreira na galería da páxina web do cole premendo na seguinte ligazón:

0 comments

DECORACIÓN DE NADAL

 Para decorar os corredores, tocounos facer uns gnomos con lá e aros de madeira. Traballamos arreo pero encantounos o resultado.





0 comments

1ª CHARLA PLAN DIRECTOR

Un curso máis, o centro participa no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Este plan, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temas como o acoso escolar, violencia de xénero, novas tecnoloxías,... impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Hoxe tivo lugar a primeira charla. Sara que pertence á Garda Civil, nos estivo explicando e informando dos riscos de Internet: descubrimos que todo o que se sobe a Internet queda en Internet para sempre e que non debemos falar polas redes con descoñecidos e moito menos facer cousas que nos pidan porque moitas veces pode suceder que realmente non sexan quen cremos que son.

 Tamén comentamos as cinco mensaxes da campaña "Móbil e videoxogos. Disfrutar sen abusar" promovida pola Fundación Mapfre, Twitter e Pantallas Amigas que animan a ter un estilo de vida dixital de xeito equilibrado e saudable:

0 comments

TRABALLANDO NOS NOSOS BANCAIS

 Hoxe voltamos ao horto, esta vez tocounos cos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro de primaria. A orde do día era preparar os nosos bancais. Algúns, quitamos as malas herbas e as botamos no corredor central, outros as levamos ata o composteiro e o resto encargámonos de regar. 



E a volta das vacacións de Nadal ... por fin plantaremos neles!!!!!

0 comments

RADIO ESCOLAR: GRAVAMOS UN PODCAST

 Despois da formación teórica de onte, hoxe fomos á biblioteca, onde temos a nosa radio escolar. Como somos moitos, dividímonos en catro grupos de cinco persoas, catro fixemos de locutores e locutoras e a quinta persoa fixo de técnico de son. Cada técnico de son, despois de rematar, tiña que amosar aos seus compañeiros e compañeiras todo o que había que facer: encender o ordenador, encender o equipo, abrir o Audacity, facer unha proba de son, ... Entre toda a clase, gravamos catro programas de radio, dous relacionados coa igualdade e a violencia de xénero en relación ao 25N e dous coa arte e os límites en relación ao Día da discapacidade e ao taller que fixemos coa profe Estefanía.

Gustounos moitísimo gravar os programas e estamos desexando facer algúns máis moi pronto.





A que parecemos uns auténtic@s profesionais? Nuns días poderedes escoitar os nosos programas.

0 comments

RADIO ESCOLAR

 Sabedes que? Pablo da Rede Espora, visitounos hoxe para darnos unha formación sobre a Radio Escolar. Durante preto dunha hora, ensinounos  que material necesitamos para poder realizar un programa de radio, explicounos como funciona a mesa  (encendido, mutear, poñer música de fondo, auriculares,...), que programa se utiliza para gravar (o Audacity) así como diversos consellos para facer os guións, como deben ser as locucións, ideas de actividades, ...

Aprendimos moitísimo pero o mellor de todo é que mañá ... IMOS GRAVAR UN PROGRAMA! QUE EMOCIÓN!


0 comments

CHARLA FRAGAS DO EUME

 

Hoxe, grazas ao Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) que conta co apoio da Deputación da Coruña, tivemos unha charla sobre o parque natural das Fragas do Eume co obxecto de coñecer a importancia e o valor que ten.

Durante preto dunha hora coñecimos a flora e a fauna da Fraga, as especies que están ameazadas, algunhas especies invasoras, o seu patrimonio etnográfico e histórico e tamén os principais problemas ambientais que sofre e como entre tod@s podemos axudar a protexela.

Proximamente, faremos unha ruta guiada polas Fragas para poder ver en vivo e en directo moitas das cousas que aprendimos durante a charla.

0 comments

MAQUETA SISTEMA SOLAR

Despois de moito traballo, por fin rematamos as nosas maquetas do Sistema Solar:

 


Gústanvos?



0 comments

CIRCO NA BIBLIOTECA


 Hoxe fomos á Casa da Cultura para ver o espectáculo de malabares, equilibrio e clown,  "Circo  na Biblioteca" de Dani Blanco, incluído no ciclo "Do cole á biblio" co que o Concello de Neda celebra o Día da Biblioteca.

Esta iniciativa, impulsada co apoio da Rede de bibliotecas de Galicia no marco do programa "Ler conta moito", busca achegar á rapazada a este espazo cultural, a través de accións de dinamización e espectáculos. 


0 comments

DECORACIÓN DE SAMAGOSTÍN

 A finais de mes celebraremos o SAMAGOSTÍN, unha mestura do Magosto e o Samaín.

Para decorar os corredores do colexio, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria, decidimos facer unhas CATRINAS. Así que estes días, xuntámonos as dúas clases para facelas.

Ollade que ben traballamos mesturamos:



E así quedaron rematadas: