OBRADOIRO DE NUTRICIÓN DÍA 2: AS GRAXAS E OS AZUCRES
Hoxe Cris, veu á nosa clase a falarnos das graxas pero das graxas boas non vos creades, falounos do Omega 3 que está no pescado e que nos axuda a que sexamos moito máis listos .
E despois falounos do azucre. Cris preguntounos se tomabamos moito azucre e todos dixemos que non, só un pouco ou polo menos iso críamos.
Para saber canto sabiamos sobre o tema, xogamos ao xogo do SI (cartel verde) ou NON (cartel vermello) con preguntas como:
- Cres que se tomamos azucre de máis nos produce sobrepeso?
- Pensas que o exceso de azucre se converte en graxa?
- Este exceso de azucre nos protexe das caries?
- Se tomamos demasiado azucre podemos ter enfermidades do corazón?
- E enfermidades como a DIABETE?
- Cres que en España se toma como media uns 50 kilos de azucre ao ano por persoa?
Parece que algo sabemos sobre o tema porque algúns acertamos case todas.
A continuación , fixemos grupos de tres, e nos repartiu a cada grupo un envase dun produto como coca cola, m&m, galletas Oreo, helados, .... Tiñamos que buscar na etiqueta cantos gramos de azucre había no produto e despois facendo unha sinxela división, averiguar a cantas culleradas equivalía.
Por último, botamos nun vaso as culleradas que non saían e .... QUEDAMOS ABRAIADOS AO VER A GRAN CANTIDADE DE AZUCRE QUE HABÍA NESTES PRODUTOS! En algúns ATA 16 CULLERADAS!!!!!!!
Ollade, ollade:
Así que a todos nos quedou moi clariño que non debemos abusar dos doces, das comidas precociñadas nin das bebidas con moito azucre se queremos previr enfermidades como a DIABETE:
2 comments:
Nomino a tu blog por compartir experiencias y actividades y porque tus alumnos aparte de aprender son felices.
http://escueladeblanca.blogspot.com.es/2015/03/premio-black-wolf-blogger-award.html
Un besico.
Blanca L.
Muchísimas gracias, Blanca. Nos hace mucha ilusión. Un beso.
Publicar un comentario