COÑECENDO A ROSALÍA
Así, comezamos o luns no Obradoiro do Escritura Creativa, elaborando unha postal nun deseño alusivo ao este día que incluía unha estrofa de "Alborada" (da obra Cantares Gallegos) a instancias da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e que o onte enviamos por correo ordinario ás nosas familias:
Na clase de galego, coñecimos a vida e obra desta escritora a través deste libro LIM elaborado polo equipo de Normalización Lingüística do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Clicade na imaxe para acceder:
Tamén elaboramos un minilibro da súa biografía que atopamos no blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez:
E xa para rematar, na clase de Plástica, fixemos unha rosa con goma eva para agasallar ás nosas familias (podedes ver as plantillas e as instruccións en TODO EN GOMA EVA)
Así de contentos, fomos todos para casa co noso libriño e a nosa flor:
4 comments:
Felicidades, siempre hacéis unos trabajos increíbles. Un saludo
Enhorabuena por el trabajo realizado!!!! Absolutamente preciosa la rosa, me ha encantado!!! Creo que me voy a poner manos a la obra....Un besito.
Os han quedado muy bonitas.
Feliz semana.
Muchísimas gracias a las trez. Un abrazo.
Publicar un comentario