EXPERIMENTO I: FACEMOS UN VOLCÁN
Antes de rematar o primeiro trimestre, fixemos tres experimentos relacionados cos temas que estabamos a ver en Ciencias Sociais e en Ciencias Naturais.
En Ciencias Sociais, no primeiro tema, estivemos a aprender moitas cousas sobre as partes da Terra, as rochas e os minerais.
Como non hai mellor xeito de aprender que coa experimentación, estivemos observando, tocando, ulindo, debuxando... a rochas e minerais que había na clase, as que levamos nós e tamén as que tiña a profe.
Imaxe de Phillip Martin
Primeiro, cortamos unha botella pequena de auga por arriba. A continuación, pegámoslle plastelina marrón para facer a base e o corpo do volcán. Despois, botamos dentro da botella, unha gran cantidade de vinagre e tamén unhas gotiñas de colorante vermello. Para finalizar, unha culleriña de bicarbonato e... XA TIVEMOS ERUPCIÓN!!!!!
Aquí vos deixamos un video como o fixemos:
0 comments:
Publicar un comentario