TAREFA 2: CONSEGUIDAAAAA!!!!!
Imaxe de Fruta un botín sabroso
Na segunda tarefa do concurso, "FROITA, UN BOTÍN SABOROSO", con Nadia, aprendimos as características das froitas e movímonos moitísimoooooo.
Nunha primeira parte, cumplementamos unha folla de traballo na que eleximos cal era a nosa froita favorita, contestamos a algunhas preguntas sobre ela e debuxámola non só por fóra senón tamén como sería por dentro.
E como nos picnics, pódense xogar a moitos xogos, nas seguintes sesións, estivemos xogando e aprendendo distintos tipos de froitas e as súas características:
XOGO 1: A TRAVESÍA DA FROITA
Neste xogo, cada un de nós levaba colgada ao pescozo unha tarxeta cunha froita. Colocámonos todos menos un, nun lado do ximnasio e no medio púxose o pilla-pilla. O pilla-pilla dicía unha característica das froitas por exemplo: "todas as froitas máis grandes cunha pera poden cruzar". Os que tiñamos unha froita máis grande como o melón ou a sandía, podiamos cruzar e os demais tamén tiñan que intentalo, si os pillaban, se convertían tamén en pilla-pilla.
Para comezar, colocámonos en dúas filas dándonos as costas. Uns eramos os kiwis e outros as moscas da froita. Cando a profe Carmen dicía, "kiwis" todos os kiwis intentabamos chegar á nosa línea e as moscas da froita tiñan que pillarnos antes de chegar. Se nos pillaban nos convertiamos en moscas da froita, senón quedabamos no noso equipo. E se Carmen dicía, "moscas da froita" pois o mesmo. As moscas escapabamos e os kiwis tiñan que intentar collernos.
De pé, coas pernas abertas, fixemos un círculo mirando cara fóra. A continuación tiñamos que dobrarnos cara abaixo e mirar a través das pernas. Dentro do círculo había cinco nenos e nenas que eran os kiwis. Como eramos moitos puxemos tres pelotas en xogo que representaban unha mosca da froita cada unha. Os nenos e nenas que estabamos no círculo, golpeabamos a pelota coas mans a través das pernas tratando de tocar coa pelota aos que estaban no centro. Se lles tocabamos, convertíanse en kiwi e o que lle daba pasaba ao centro.
XOGO 4: O MONO E O LEÓN
Sentámonos nun círculo. Un de nós, saía a fóra porque era o león. No centro do círculo había un plátano que era do mono, que era outro de nós que estaba sentado no círculo con todos. Cando o león entraba, intentaba coller o plátano e cando o tocaba, o mono intentaba pillalo. Si o león conseguía sentarse no lugar do mono antes de ser pillado, gañaba.
0 comments:
Publicar un comentario