CINENSINO: WONDER
O pasado luns, vimos Wonder, a terceira e última película do programa Cinensino deste curso,unha película moi boa para concienciar aos nen@ sobre o acoso escolar (bullying). Wonder (dirixida por Stephen Chbosky e protagonizada por Julia Roberts, Jacob Tremblay, Owen Wilson, Mandy Patinkin e Millie Davis) nárranos a historia de August, un neno de 10 anos que ten unha deformidade na cara que fai que estude na casa e non vaia normalmente ao colexio. Cando chega o momento de asistir, terá que facer novos amigos, que conseguir que os demais nenos o coñezan tal cal é e sobre todo, terá que aprender a levantar a mirada sen o seu casco de astronauta.Unha fermosa película que vos recomendamos a tod@s.
Aquí vos deixamos o trailer oficial da película:
0 comments:
Publicar un comentario