ONDAS DE ILUSIÓN: "ESCOLAS DO MAR"
Este ano voltamos a participar no proxecto Ondas de Ilusión, que xa vai pola segunda edición. Como nos dín na súa páxina Web, "trátase dun proxecto de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar que constitúe un complemento de alto valor pedagóxico. Nesta segunda edición, preténdese a adquisición de coñecementos e valores que favorezan o respecto e promoción dos recursos ambientais, culturais e socioeconómicos do litoral do Golfo Ártabro norte, facendo especial éngase no tema da sustentabilidade eo valor dos recursos locais".
A campaña, consta dunha sesión divulgativa, unha unidade didáctica para traballar na aula e unha xornada de excursión.
O pasado luns, día 28, tivemos a charla. Da man da Ameixa Tareixa, a mascota do proxecto, descubrimos que clase de animal son as ameixas, onde viven, quen son os seus "amigos" e "inimigos", cales son os problemas que atopa, como é a súa relación coas persoas,como se despraza ...
Tamén falamos dos plásticos e do tempo que tardan en degradarse e das cousas que podiamos facer nós para coidar a Tareixa e os seus amigos como por exemplo non tirar os bastonciños de algodón polo retrete, utilizar menos bolsas de plástico, ... Ollade cantas cousas se poden atopar nunha praia en menos de media hora:
E vimos un fragmento deste documental sobre as mareas:
Iamos ver tamén un video dunha ameixa enterrándose na area pero non foi posible por problemas técnicos co ordenador. Así que busqueino pola rede e ... Aquí o tedes:
0 comments:
Publicar un comentario